Viaxar

Ver el tema anterior Ver el tema siguiente Ir abajo

Viaxar

Mensaje por Eksartate el Sáb 05 Ene 2008, 15:19

Realmente esta foi unha actualización no fotolog no seu momento. Quizais suba máis textos deses. A esta en especial téñolle certo cariño porque levaba días con ganas de escribila.
________________________________
Gústame viaxar.

Combinar horarios.

Maleta comprimida.

Esquecerse cousas.

Présas.

Chegar á estación e mercalo billete.

Mercar pipas.

Esperar.

Mirar o reloxo, tic tac, as agullas parecen non avanzar; nerviosismo, volver a mirar o reloxo, tic tac tic tac. Un anaco máis.

Espera.

Doce espera.

"Tren procedente de a Coruña, destino Vigo, vai efectuar a súa saída pola vía 1"

Desesperación.

Rápida subida ao tren, buscar asento, acomodarse.

Un longo tempo de viaxe, tic tac, tic tac, outra longa espera. tic tac.

Aproxímase a parada, xa queda menos ,volver a mirar o reloxo, tic tac, pero avanza!

Chegada ao destino, sorriso incontible porque sabes o que haberá no andén. Ganas de correr para chegar antes e podelo aprobeitar todo mellor, cada segundo dende que pouso o pé hai que aprobeitalo. Apertas de benvida.

Nova conta atrás , mirar o reloxo;tic tac; tempo: DETENTE.
avatar
Eksartate
Crees tener nombre

Cantidad de envíos : 124
Edad : 28
Localización : Santiago de Compostela
Fecha de inscripción : 22/11/2007

Volver arriba Ir abajo

Ver el tema anterior Ver el tema siguiente Volver arriba


 
Permisos de este foro:
No puedes responder a temas en este foro.